xoves, 15 de xuño de 2023

TAREFAS PARA O VERÁN





Queridos alumnos e alumnas, 

Quero agradecervos a vosa implicación nas actividades que fomos realizando ao longo do curso, por embarcarvos en todos os proxectos cun sorriso e sacando todo o potencial que levades dentro.

Abrides unha nova porta aos vosos soños, estou segura de que conseguiredes todo o que vos propoñades!

Agora que o curso remata, so podo dicirvos que aproveitedes cada segundo do verán para seguir aprendendo, por iso:

  • Enchédevos de experiencias. Visita novos lugares, fai unha ruta en bici, desfruta da area da praia, prepara unha sesión de cine en familia....
  • Embarcádevos en libros que vos leven a recorrer o mundo... Recorda! Para viaxar lonxe non hai mellor nave que un libro!
  • Aproveita as vacacións para facer o que máis che gusta. Elabora un prato novo de cociña, escribe o teu propio libro, pinta, baila...
  • Desfruta da túa familia e dos teus amigos. Leva contigo un diario e anota todo o bo do verán así recordaras os grandes momentos.

Deseña, crea  e desfruta das túas  vacacións e non esquezas que tes moita MAXIA que ofrecer!


Botareivos moito de menos! 


🌞 -Recomendacións para o verán- 💛

A continuación deixámosvos algunhas recomendacións para estes meses de verán: 


📘📚 Le todo o que poidas! 📚 📙

Porque a lectura fainos viaxar polo mundo, coñecer a novos personaxes que se converteran en inseparables amigos e vivir milleiros de aventuras! Calquera momento é bo, despois de xantar, na praia, na piscina... Accede á biblioteca do cole e empápate de todas as novidades lectoras que nos ofrece.

Non esquezas que as bibliotecas municipais  seguen abertas durante xullo e agosto. Faille unha visita! 


📝🌅 Non esquezas apuntar todas as aventuras do verán!📝🌅

Durante estes meses viviredes aventuras e momentos que seguramente non queredes esquecer. A mellor forma de que isto non suceda e recollendo todo nun DIARIO.

Crea o teu propio diario,  fai que se converta nun amigo inseparable e cóntalle todo aquilo que non queiras esquecer. Recorda que o diario é un tesouro que agacha as túas peripecias, sentimentos, emocións...

Escribe bonito, coida a túa letra e a túa ortografía.

Aprende a debuxar as palabras ou perfecciona a túa técnica de lettering, coa axuda da canle de youtube de la Srta. RocknRoll

Podes practicar a túa ortografía cos seguintes xogos: 



Nos seguintes vídeos, podes ver unhas propostas diferentes para darlle ao teu diario de verán un toque especial de Scrapbook 

DECORA O TEU DIARIO 

COMO FACER A ESTRUCTURA 






🔍Sigue resolvendo misións!🔍

Atréveste a ser todo un Hacker e resolver probas, só aptas para especialistas matemáticos? Pincha na imaxe e accede a esta aventura cibernética! 












📏 Dálle á cachola e convértete nun experto das matemáticas! 📐

Visualiza e practica todos os Quizziz feitos ata agora, segue xogando coa Pandilla Rejilla e logra resolver operacións de cálculo soamente empregando a túa cabeza! 

Practica os conceptos aprendidos accedendo aos enlaces que atoparás a continuación








🎆🎇 Fai maxia! 🔮🎇

Sabemos todo o que vos gusta a maxia. Por iso, a continuación deixámosvos unha serie de vídeos,  cos cales poderedes convertervos en auténticos magos e magas. 

E se queres seguir mergúllandote no mundo da maxia recomendámoste que visites a sección "Los trucos de Jorge Blass" 

Atreve a aprender e a deixar a todos asombrados! 






✨🌟🌠🌙 Investiga o noso universo! 🌙🌟🌠✨

Aproveita as noites de verán para alzar a vista e mirar ao ceo, descubre todas as estrelas e os elementos que forman parte del. Se queres saber un pouco máis e coñecer o nome das estrelas recomendámosvos a aplicación SKy Map. Con esta aplicación, so tes que dirixir a pantalla do teléfono cara o ceo e verás aparecer as constelacións, planetas, estrelas e resto de elementos, co seu nome. 


Para coñecer outras aplicacións que che axudarán a coñecer o universo pica aquí.  

Tamén vos recoméndavos a páxina NASA SPACE onde poderedes atopar vídeos explicativos, manualidades, xogos... Coñece un pouco máis do universo sen moverte da túa casa!  




🎥  Monta o teu propio cine en casa!  📹

Elixe unha película que che apeteza ver, invita a túa familia a que a vexa contigo (podes incluso prepararlle unhas entradas, como se fose un cine de verdade), fai flocos de millo e desfruta dun momento tan especial rodeado da mellor compañía. 

En youtube encontrarás máis de 100 películas completas gratuitas. 


👆👇👈 Aprende linguaxe de signos! 👈👆👉


Gustaríate saber expresarte utilizando as túas mans? Pois non dubides en picar na imaxe e aprende a falar dunha forma diferente.




🌿🌳🌸🌻  Desfruta da natureza!  🌱🍀🌿🌲

Sal a dar un paseo en bici, unha camiñata polo monte, un picnic... Sal, respira o aire puro e déixate envolver pola natureza e todos os elementos que a compoñen.

Recomendámosche a aplicación Plantyx a cal permite facer unha identificación das plantas. Con esta aplicación poderás descubrir un mundo único de plantas. Só tes que enfocar a cámara do teléfono nunha flor, árbore ou arbusto e sacar unha foto. A aplicación identificara a planta e proporcionarache información minuciosa sobre ela. 




🍰🍮🍜  Convértete en todo un MasterCheff!  🍤🍩🍛

Aproveita estes meses de verán para aprender un pouco sobre cociña, elabora cos teus avós, pais, irmáns unha receita familiar e déixaos sorprendidos cun novo prato que sexa a delicia de todos. A continuación deixámoste dous canles de YouTube que che permitirán converterte en todo un experto dos fogóns.


🔬Convértete en científico!🔬

Podes aproveitar estes meses de verán para facer un pouco de ciencia! Recomendámosvos o canal ExpCaserosKids onde atoparedes unha gran cantidade de experimentos que podedes facer dende as vosas casas. 


🎨🎨Saca o artista que levas dentro!🎨🎨


  • FAI ORIGAMI. Se queres seguir afondando no mundo da papiroflexia, podes visitar a canle de youtube de Jo Nakashima.

  • DEBUXA. Goza pintando, polo simple feito de facelo, debuxa o que tes ao teu arredor, un cadro abstracto e todo aquilo que che apeteza. 

 

  • CREA MANDALAS. Entretente facendo os teus propios mandalas e presume de creacións! Pica na imaxe e accede á canle de Youtube de Camilla Løschbrandt e descobre como.



  • CREA PULSEIRAS PERSONALIZAS: Lembras o taller que levamos a cabo para aprender a facer pulseiras? Pois para non esquecelo e poder agasallar aos nosos amigos e familiares con fermosas xoias feitas por nós, podes visitar esta canle