mércores, 21 de novembro de 2018

TAREFAS (do 20 ao 24 de abril)




Queridos alumnos e alumnas: 
Espero e desexo que vos atopedes moi ben. Bótovos moito de menos, estes días penso moito en vós, estou moi orgullosa do ben que estades traballando dende as vosas casas! Seguide así!


📘O 23 de abril celebrase o Día do Libro. Para conmemorar esta data téndesvos que converter en Booktubers! Queres saber máis? Pincha na imaxe para descubrir en que consiste esta aventura. 


A continuación déixovos un exemplo de como se elaboraría esta actividade! Eu tamén me convertín en BOOKTUBER por un día! Espero que vos guste! 
Pincha na imaxe para ver o vídeo


  • Como compartir os teus vídeos con nós? A mestra Fani explícanos no seguinte documento como compartir os vídeos. AQUÍ
                                         Estou desexando ver as vosas creacións! 👏


Pincha na imaxe para ver os vosos vídeos

📙 Esta semana imos continuar coa lectura do libro “Boa Sorte”. 
  1. Pincha na imaxe e accederás ao libro “Boa Sorte”, le ata a páxina 43
  2. Unha vez rematado de ler, fai o Kahoot! Recorda por o teu nome e apelido. 



  


💙A mestra Nerea tráenos a seguinte infografía para que coñezamos máis de cerca o Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade. Nela atoparedes un fermoso conto así como diferentes xogos.  


💙Unha vez consultada toda a información deberás facer unha redacción sobre os teus soños e intereses para facela terás que:
  1. Pinchar no documento “Paso a paso”. Leo con calma e sigue os apartados que indica.
  2. Non fai falta que imprimas o documento “así son eu” podes facelo nunha folla.
  3. Presume de creación! Envíanos a túa redacción para que a poidamos por no blog! 

Pincha nas imaxes para acceder a información
Paso a paso

Así son eu 



Pincha na imaxe para ver as vosas creacións 


https://drive.google.com/drive/folders/1OaFR_ZQXd_VVCZIltZaeN7rJ7Uat6fwg?usp=sharing

Vamos a continuar descubriendo nuevos lugares y conociendo a entrañables personajes a través de la lectura. Esta vez, lo haremos gracias a la novela "El principito"  que ha cumplido 77 años este mes. 🎂
Pincha en la imagen y accederás a una fantástica presentación interactiva elaborada por la profe Fani. ¡Adéntrate en esta odisea! 



Sigue las instrucciones para realizar las actividades

 TAREA Nº1
❶ Pincha en el libro y lee la primera página.
❷ Mira el vídeo y conoce la historia.
❸Pon a prueba tus conocimientos realizando el kahoot! que encontrarás en la página siguiente.

TAREA Nº2 
En la página 5 podrás conocer algunas de las enseñanzas de este libro. Amplía información pinchando en la imagen.

Lee el artículo “El Principito”: 10 lecciones de vida que nos dejó este hermoso cuento, elige una de las enseñanzas de las que habla y explica su significado utilizando tus propias palabras. No copies de forma literal lo que pone el artículo, intenta dar tu opinión.  La extensión mínima será de 5 lineas, puedes acompañar tu actividad de una ilustración. 

🌹Pincha en la imagen para leer vuestras creaciones🌹

5 curiosidades de El Principito que te gustará saber

TAREA Nº3
Vete ahora a la página 7 de la presentación y haz un pequeño texto en el que debes dar respuesta a las siguientes preguntas: 

a.  ¿Quién es el protagonista? ¿En qué planeta vivía? ¿Por qué se marchó de su planeta?
b.  ¿Quién es el narrador de la historia?
c.   La flor, ¿Cómo es? ¿Qué simboliza?
d.  ¿Cómo le explica el zorro al principito que es la amistad?
e.  Dibuja el elefante dentro de la boa y explica que simboliza.



Pincha en la imagen para ver vuestras creaciones


Si te ha parecido interesante este libro,... ¡Anímate a leerlo y a ver la película!
Nesta semana comenzaremos o tema de xeometría e concretamente traballaremos cos triángulos. Fíxate na planificación e realiza a tarefa marcada para cada día.
Na grella que tedes a continuación atoparedes os vídeos e debaixo deles o enlace para acceder aos Quizizz.

OS TRIÁNGULOS


VÍDEO 1: Tipos de Triángulos segundo os seus lados
VÍDEO 2: Ángulo internos de un triángulo.
Quizizz: Triángulos 2
VÍDEO 3: Tipos de ángulos

Quizizz: Triángulos 3
VÍDEO 4: Tipos de triángulos segundo os seus lados e ángulos (esquema).

Práctica: clasifica os triángulos

Nota a ter en conta: para realizar o exercicio número tres da ficha, precisas transportador de ángulos, pero se non dispós de ningún na casa, non te preocupes fai os ángulos de forma aproximada.


FICHA DE EXERCICIOS

https://drive.google.com/file/d/1aHAwcwkScOcWpFSohTY6VaLySXEEJJ_Z/view?usp=sharing
 KAHOOT! 
  • Antes de realizar o kahhot repasa os contidos do tema.
  • Pincha na imaxe para acceder e introduce o teu nome e apelidos.
  • Le con calma, tes tempo suficiente 
  • Este kahhot só estará dispoñible o venres 24 de abril
  • Soamente poderás xogar unha vez



Imos continuar coñecendo un pouco máis sobre o noso territorio. Esta semana investigaremos sobre as diferentes comunidades autónomas. Completa o teu caderno e practica os teus coñecementos cos xogos que che propoño.



Xogo 1
Puzzle 

Xogo 2

Xogo 3

Continuamos o noso traballo de científicos e científicas! Esta semana imos coñecer un pouquiño máis sobre a materia e os seus cambios. Pon en marcha o teu caderno e aventúrate a investigar! 







  • Pincha na imaxe para ver as vosas creacións! 



🐸  Despois de crear un merlo, un tulipán... con papiroflexia, na proposta de hoxe imos crear unha RA! Anímate a participar e presume de creación.

🐸Pincha na imaxe para ver as vosas creacións🐸 

La ranita saltarina | Ranas dibujos, Ilustración de rana y Sapos y ...

😍Samu envíanos este fermoso Lapbook que lle regalou a súa madriña. Parabéns por un traballo tan bonito!  

  

💥RETO: JULIO VERNE💥

No Booktuber lanzábase o reto de descubrir a pegada de Julio Verne en Vigo. Rita e Martín adentáronse nesta aventura e envíannos este fermoso documento. Pinchade na imaxe para saber máis Parabéns polo voso traballo! 



🎨🎇Pincha na imaxe para acceder as vosas creacións🎇🎨

https://drive.google.com/open?id=1X9Y3qs1jBHP13JT07jEKj6xb4eaFbBi8


📖Feliz día do libro 📔

Pincha na imaxe e accede ao blogue da biblioteca do cole. Alí atoparás información sobre este día e booktubers moi interesantes. Déixate atrapar pola lectura!




23 comentarios:

  1. Que bonita esta entrada!!
    Un cordial saúdo de Antía.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Antía. Alégrome que che guste a entrada desta semana

      Eliminar
  2. Profe non podo acceder o quiiz de matemáticas.

    ResponderEliminar
  3. Ola Joana que bonito che quedou o teu maio, está precioso.
    Un bico é unha aperta Lucía Blanco

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Bos días Lucía! É o maio de Adrián e quedoulle fenomenal!

      Eliminar
    2. Si tes razón quedoulle fanomenal, pensei que era teu.
      Un saúdo Lucía Blanco

      Eliminar
  4. profe,
    no exercicio 1 de mate onde o copiamos ?

    ResponderEliminar
  5. Joana vale copialo nunha folla normal. Porque eu xa o fixen.

    ResponderEliminar
  6. Boas tardes!
    Teño unha pregunta, na redacción do pincipito respondemos o que pon nas preguntas é xa esta ou hai que por algo mais?
    Un saudo!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Tes que facer un texto onde des resposta a esas preguntas, non responder directamente, vale? E podes por máis cousas. Un saúdo Aldara

      Eliminar
    2. Moitas grazas mestra!

      Eliminar
  7. profe,
    no apartedo de LG non encontro como facer a redaccion de os teus soños e intereses

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Desi, a información está debaixo da infografía que creou a mestra Nerea. Un saúdo.

      Eliminar
  8. FELID DÍA DO LIBRO !!!
    Uns cuantos bicos para todos de parte de Antía.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Feliz día do libro Antía! E moitas grazas por achegarnos o teu booktuber!

      Eliminar
  9. Feliz día do Libro a todos!!!

    Por certo Antía enhoraboa polo teu booktuber.Encantóume!!

    Saúdos Adrián

    ResponderEliminar
  10. A quen lle quero dar a enoraboa e a Adrián que o seu booktuber esta xenial!!!
    Un saúdo de Antía.

    ResponderEliminar
  11. Feliz día do libro. Parabéns a Antía e a Adrián.
    Un saúdo Ana Durán

    ResponderEliminar
  12. Profe podes abrir o Kagoot de Mates.
    GRAZAS!!
    Un cordial saúdo de Antía.

    ResponderEliminar