Queridos alumnos e alumnas:
Empezamos unha semana máis de aventura e de maxia dende as nosas cosas. Antes de comezar, esta semana gustaríame dedicarvos unha canción que me gusta moito. Espero que a vós tamén vos guste.
-Animales fantásticos y donde encontrarlos-
Queridos magos y magas:
Estáis alcanzando poderes inimaginables. Semana a semana vais resolviendo las misiones y recuperando las reliquias. ¡Vuestro poder es asombroso!
La misión que se nos presenta esta semana es de extrema dificultad. La maleta de Scamander ha desaparecido y con ella todas las criaturas mágicas que habitaban en ella. El mago tenebroso Grindelwald ha conseguido atrapar a un animal fantástico. Enfráscate en esta aventura y restablece el orden en el mundo mágico.
- Pincha en la imagen, vete a INTRODUCCIÓN y lee atentamente.
- Dirígete al apartado de la MISIÓN, obtendrás valiosas pistas. Mira el vídeo.
- Dale a EMPEZAR. Viaja por los cinco destinos y realiza las pruebas. Por cada prueba superada se te proporcionará una letra, anótala en el orden indicado, lo necesitarás para poder abrir la cámara secreta.
- Cuando tengas todos las letras vete a la cámara secreta y fíjate muy bien porque deberás descubrir la combinación transformando las letras en números.
- Si logras salir victorioso de esta misión, conseguirás descubrir un animal fantástico
- Mándanos un whatsApp con el nombre del animal y recibirás tu recompensa.
M(ATÍN)DEAMOS
Esta semana, Óscar, el profesor de Refórza-T nos propone dos misiones relacionadas con el universo de Matilda. Puedes leer toda la información aquí: MISIÓN 12, MISIÓN 13.
Matilda es una novela de aventuras escrita por Ronald Dahl nada más y nada menos que en 1980 ¡Hace 40 años!
La protagonista de esta historia es una niña muy especial. Con solo cinco años ya había leído a numerosos autores y autoras y atesora unos asombrosos conocimientos.
Para hacer esta actividad puedes descárgate este Word y cubrir los diferentes apartados, pincha aquí para acceder al documento.
1. ¿Quién es Matilda? Lo primero que vamos a hacer, es conocer un poquito más a la protagonista de esta historia. Para ello, deberás buscar información en Internet, libros o revistas y completar el siguiente carnet de información:2.
PELÍCULA EN FAMILIA: como ya sabes Matilda es una novela. Sin embargo, la fama que consiguió hizo que pronto saltara a la gran pantalla. En esta actividad, vamos a ver la película de Matilda y para ver una película siempre es mejor hacerlo en familia. Avisa a mamá, papá, hermanos, abuelos… ¡A QUIÉN QUIERAS! Animaros a ver la película todos juntos y así pasar un buen rato en familia. Pincha en la imagen para acceder a la película.
Escribimos unha carta moi especial
A semana pasada recordamos os nosos momentos máis felices no cole, pero e se non fósemos capaces de recordalos? Esta semana a mestra Nerea achéganos unha actividade moi especial. Imos coñecer máis que é o Alzheimer e posteriormente, cada un de vós vai escribir unha carta, que faremos chegar, a unha persoa maior que padece esta enfermidade.
Nestes momentos de confinamento recibir unha carta pode ser moi emocionante, por iso é fundamental que fagades esta actividade con moito agarimo, xa que ademais recibiredes proximamente unha resposta ao voso escrito. A que é unha tarefa moi especial?
- Pica na imaxe e accede a presentación
- Le a información sobre o Alzheimer, visualiza o vídeo e le o conto.
- Escribe a túa carta, tendo en conta o modelo proposto na presentación. No teu escrito podes preguntar sobre a súa infancia, a que xogaban, que cancións cantaban,... pero non debes mencionar o alzheimer, nin a perda de memoria, pois poderían sentirse mal e só queremos espertar sentimentos positivos (A extensión mínima será de 10 liñas)
- Revisa o teu escrito asegurándote de que se entende o que queres dicir e que non cometiches faltas de ortografía.
- Garda o teu texto en PDF
- Nomea o teu arquivo, por exemplo, 5º SAMU, carta
- Envíallo á mestra Nerea ao correo nereaestevez@edu.xunta.es
#Dígocho eu
Esta semana a mestra Fani tráenos unha fabulosa actividade que nos permitira converternos en falantes de galego nivel PRO, a través do noso programa de televisión favorito o #dígochoeu. Aceptas o reto? Segue lendo e prepárate para pasar un bo rato mentres aprendemos un pouquiño máis da nosa lingua.
Pica na imaxe e accede a presentación Queres converterte nun falante do galego nivel pro?
Para poder superar este reto, deberás?
- Faite seguidor do programa! Pulsando no número 1 poderá ver os enlaces para seguir a diario os vídeos do #dígochoeu , e recordar a visita da TVG ao noso colexio.
- Maratón do Dígocho Eu! No número 2 deberás visualizar con moita atención os vídeos relacionados coa época de confinamento que estamos a vivir.
- Practica facendo co Quizizz! Preme no número 3 para repasar o aprendido nos vídeos.
- Demostra canto sabes! No número 4 porás a proba os teus coñecementos facendo o Kahoot!
Agora que xa estas list@ toca elaborar o teu propio #dígochoeu. A continuación propoñemos uns temas nos que podes centrar o teu capítulo, podes escoller estes ou elixir outros:
- Cuarto de baño: bañeira, xampú (menos recomendable champú), xabón (menos recomendable xabrón), esponxa, peite (non peine),...
- Mobles: cadeira(non silla), sofá, gardarroupa ou roupeiro, andel ou estante, libraría,...
- Vestiario: saia ou faldra (non falda),chaleco ou colete (non chaleque), pantalón ou pantalóns, chándal, tenis ou zapatillas deportiva, chanco (menos recomendable chanclo),...
- Electrodomésticos da cociña: cociña, forno, lavalouza, cafeteira batedor, neveira, conxelador,...
- Utensilios de cociña: coador ou coadoiro (non colador), relador (non rallador), coitelo (non "cuchillo"), garfo (non "tenedor"), culler (non "cuchara"), cullerón,..
- Froita: laranxa(non "naranxa"), mazá, amorodo (non fresa), mandarina, pera, framboesa, pexego, piña ou ananás,...
- Lácteos: leite, iogur, manteiga, queixo, queixo relado, porción ou rebanda de queixo (non "loncha").
- Parte exterior da casa.
- Hortalizas: repolo, leituga, cenoria, tomate, feixón,... Anímate a facer o capítulo dende a túa horta!
- Apeiros de labranza: fouce, sacha, forquita, pa,... Asesórate cos teus familiares, avó/a, nai, pai e facede o voso capítulo xuntos!
Repasa os contidos vistos na semana anterior. Debes volver a xogar aos quizizz para asegurarte de que dominas os conceptos básicos.
- Fai o Kahoot! identificándote co teu nome e a primeira letra do apelido, por exemplo Lucía R. Xoga só unha veze lembra que só estará dispoñible o luns e o martes.
Cres que os números romanos son algo antigo, que non ten aplicación práctica nos nosos días? Bart Simpson pensaba o mesmo ata que a súa vida estivo a en perigo e só podía salvarse se recoñecía o seu valor. Tés curiosidade por saber que lle pasou ao protagonista dos Simpsons e se finalmente foi quen de salvar a súa vida? Pica no vídeo número un e atoparás as respostas a todas esas preguntas.
VÍDEO 1 Importancia dos números romanos | VÍDEO 2 N. Romanos (Rocío Carreón) Quizizz | VÍDEO 3 Mira este vídeo antes de facer a ficha |
IMPORTANTE: aqueles que teñades dificultades para ver os vídeos nos vosos ordenadores, podedes facelo nun teléfono móbil ou copiar as URL que vos deixo a continuación na barra de direccións.
Vídeo 1: https://youtu.be/qfg6wVb_pgY
Vídeo 2: https://youtu.be/RhMgOi2LGlk
Vídeo 3: https://youtu.be/DsLu4N1uHxw
1º Actividade: Abre o teu caderno e pono ao día. Deberás copiar na túa libreta o apartado 5 (incluíndo os puntos 5.1 e 5.2.)2º Actividade: Realiza a actividade número 4 do tema “A materia e a enerxía”. Para levala a cabo deberás visualizar o vídeo que atoparás no caderno e completar o esquema proposto.3ºActividade: Convertémonos en científicos!Realiza a actividade número 5 " O disco de Newton" que atoparás no caderno e descobre o divertida que é a ciencia.
Esta semana imos coñecer máis de cerca a organización territorial de España. Abre o teu caderno, fíxate no mapa das provincias e apréndeas cos seguintes xogos.
|
| | Xogo 3 |

















Ola, sobre o do Alzheimer, o nome deles non o sabemos?
ResponderEliminarOla,
ResponderEliminaro de relixion yo temos que enviar ?
Ola Desi, téndesllo que enviar a mestra de relixión. Un bico
EliminarQue chula esta entrada!!!!!
ResponderEliminarUnha aperta xigante de Antía
Ola Antía, alégrome que che guste. Esta feita con moito agarimo polos mestres
EliminarProfe non me deixa entrar no de inglés educacion fisica...
ResponderEliminarOla Miriam, a que te refires? A aula virtual?
EliminarPONME QUE PONGA NOME DE USUARIO E CONTRASINAL
EliminarOla Miriam! Tes que entrar como convidada. Unha aperta
Eliminaronde esta o kahoot de digocho eu ?
ResponderEliminarOla Desi, está na presentación que realizou a mestra Fani. No punto número 3 atoparás fichas de estudo para practicar e no punto número 4 está o kahhot. Unha aperta
EliminarMestra , non deixa entrar no xogo 1 e 2 de ciencias sociais .
ResponderEliminarOla Noé había un erro, xa está solucionado. Unha aperta
EliminarOla profe, no kahoot de inglés ,na pregunta 10 ,preguntache de onde eres ?e sae que a resposta correcta é estou ben , grazas, cando devería ser I´m spain,
ResponderEliminarUn saúdo.
Ola Nico! É un erro, voullo comentar a teacher. Grazas por avisar. Un saúdo!
EliminarOla, na actividade de Matilda no noso carnet debemos poñer unha foto?
ResponderEliminarOla Lucía, podes facer un debuxo tamén. Unha aperta
EliminarSe non temos rosa e morado para o disco?
ResponderEliminarOla Miriam, podes empregar outra cor. Unha aperta!
Eliminar