🌞Ola! Que tal estades? Ánimo, que xa queda menos! Estou desexando vervos!
Para organizar mellor o traballo, cada semana crearei unha nova entrada, coas actividades desa semana.
Para estes días, tendes que rematar as tarefas que se recollen na entrada anterior. A continuación, déixovos unha grella que vos axudará a organizar mellor o traballo.
RECOMENDACIÓNS: Déixovos aquí unhas recomendacións moi boas que elaborou a mestra Fani, para a entrega das tarefas:
Intentade enviar un único correo diario con todas as tarefas programadas para ese día. Por exemplo: Tarefa de María 24/03. Nese correo podedes enviar varios arquivos adxuntos.
-Envío de fotografías: antes de enviar unha foto asegúrate de que está enfocada e que imos poder ver o seu contido sen dificultade.
-Documentos de texto: o formato preferente será PDF. Podedes ver un titorial de como converter un documento Libre office writter ou word en PDF pinchando aquí
INGLÉS: A mestra Rosa ten unha mensaxe moi especial para o alumnado de 5º Pincha na imaxe e obtén máis información.
REFORZA-T: o mestre Óscar achega cada luns e cada mércores unha MISIÓN para todos aqueles nenos e nenas que van a REFORZA-T. Accede pinchando na imaxe.
💜PROPOSTAS: Animádevos a participar nas propostas diarias e consigue puntos de ClassDojo.
🏆RELIQUIA! : Recordade que aínda que non vaiamos a escola, non estamos de vacacións e debemos seguir traballando día a día. Dende a corentena chega a seguinte MISIÓN.
⛬⛬⛬ PUNTILLISMO: A proposta de hoxe consiste en sacar a ese artista que levades dentro. O obxectivo e realizar un debuxo seguindo a técnica puntillista. Animádevos a probar!
💢Déixovos aquí algunhas creacións!
💟 # ESTAMOS XUNTOS NISTO: A proposta de hoxe xorde da biblioteca do noso cole. Pincha na imaxe e obtén más información. Participa nesta iniciativa tan bonita!
K! Ola rapaces! A proposta que vos traio hoxe é a realización dun KAHOOT sobre os contidos de matemáticas, o cal vos axudara a repasar. Para realizalo, pincha na imaxe e non esquezas por o teu nome, non serve por un pseudónimo.
🐦 Converte un vello papel nun merlo, con este fermoso titorial de Víctor Rodríguez! Se te animas a realizar esta proposta, envíame unha foto e recibe 3 puntos extra de ClassDojo.
Adrián |
💟 # ESTAMOS XUNTOS NISTO: A proposta de hoxe xorde da biblioteca do noso cole. Pincha na imaxe e obtén más información. Participa nesta iniciativa tan bonita!
K! Ola rapaces! A proposta que vos traio hoxe é a realización dun KAHOOT sobre os contidos de matemáticas, o cal vos axudara a repasar. Para realizalo, pincha na imaxe e non esquezas por o teu nome, non serve por un pseudónimo.
Pincha na imaxe e observa os vosos merlos
OLA JOANA
ResponderEliminarPARECE XENIAL QUE POÑAS OS DEBERES NO BLOG EN APARTADOS DIFERENTES PORQUE A MIN ME FACIA UN POUCO DE LIO CONDO PUÑIAS TAREFAS NOVAS
SOBRE A MISIÓN?
VAS POÑER TODO SOBRE VÍCTOR RIVAS NO BLOG O BUSCAMOS NOS?
TEN QUE SER A GALEGO?
UN CORDIAL SAUDO DE CARLA WEALEY
Ola Carla Wealey! Espero que a grella vos axude a organizarvos. Para a misión creei unha nova entrada no blog, se queres por ti algo máis podes buscar.
EliminarSi, ten que ser en galego.
Unha aperta enorme.
Joana non entendo moi ben a misión.Temos que facer nos un lapbook?
ResponderEliminarOla Ana! Non, tendes que facer soamente unha contribución para o Lapbook. Entre todos crearemos un Lapbook de Víctor Rivas. Un bico
EliminarPolo tanto que só temos que organizar as ideas?
EliminarJoana xa o entendo.Grazas
EliminarA MIN TAMPOUCO ENTENDIN
ResponderEliminarNOS TEMOS QUE FACER UN CACHIÑO DE LAPBOOK?
ResponderEliminarOla Carla! Exacto, tendes que facer unha lapela, tarxeta.... para o Lapbook, un apartado soamente. Entendedes?
EliminarJoana no plan de traballo que significa, formato:Fotografía.Tamén no martes 24 como que pasar a descricion dun lugar a ordenador?
ResponderEliminarprofe a tarefa final de naturales ai que facela no caderno ou nun folio
ResponderEliminarEntón nos en casa facemos so as manualidades con toda información dentro?
ResponderEliminarUnha aperta.
Ola Luci! Podes facer, por exemplo, unha liña do tempo sobre a súa vida, unha lapela sobre os libros que ilustrou…
EliminarOla Joana son Lucía B , última tarefa de CCNN e a de Os riscos para a saúde???????
ResponderEliminarOla Luci! A tarefa final é a de investigar sobre unha enfermidade relacionada cunha alimentación desequilibrada. Un bico!
Eliminarola eu teño a misma pregunta profe
EliminarJoana a descrición dun lugar podese facer nun folio??
ResponderEliminarOla Ana! Si, podes facela nun folio e sacarlle foto ou facela a ordenador e enviarma ao correo.
EliminarOla Joana unha pregunta, as tarefas de hoxe hay que mandarchas por coreo?.
ResponderEliminarEu xa chas mandei por sea caso.
Ola Ana! Xa as recibín!
EliminarOkey gracias
ResponderEliminarOla!! profe o de CCNN o facemos nun folio o no caderno
ResponderEliminarOla Aldara! Tes que copiar o apartado na libreta e a tarefa final podes facela no ordenador e enviarmo. Un bico.
EliminarGrazas profe! Por certo xa che enviei algunhas cousas por se acaso non chegou. Unha aperta!!
EliminarOla Aldara, mandeiche uns correos coas correccións. Un bico!
Eliminarestamos intentando enviar as tarefas por correo pero non nos deixa
ResponderEliminarOla Noé! Se podes volve a intentalo. Tiven problemas co correo pero xa está amañado.
EliminarRecibido!
EliminarRecibiche o meu correo.
ResponderEliminarUn bico.
Ola Lucía! Non, se podes volve a intentalo. Tiven problemas co correo.
EliminarJoana unha pregunta:
ResponderEliminarNo plan semanal de traballo no xoves, cal é a folla de repaso?
Ola Ana, a que empezamos no cole. Se non a tedes non pasa nada. Unha pregunta, onte mándacheme os exercicios?
EliminarUnha aperta.
Non.Fixenos pero non os mandei.Mandos hoxe pero profe unha pregunta os exercicios de matemáticas tamén hai que mandalos.
ResponderEliminarSi, sácalle unha foto e enviamos! Un bico!
EliminarOla quería decirlle a Ana que o seu debuxo de puntillismo está super chulo.
ResponderEliminar/home/usuario/07. Ana.jpg
ola joana ,adonde mandomos a lista da compra
ResponderEliminarOla Nico, é unha misión para os que van a REFORZA-T pero podes enviarma a min. Un bico
EliminarJoana recibiches o meu traballo de Víctor Rivas?E os deberes de CCSS e CCNN?
ResponderEliminarGrazas!
Ola Ana! Recibín as tarefas! Estas traballando moito, segue así.
EliminarUnha aperta
Ola profe! Unha preguntiña o de CCSS ai que facer tamen o debuxo ou simplemente o texto
ResponderEliminarOla Aldara, so o texto! Un bico
EliminarGrazas profe!
Eliminar:)
EliminarJoana unha preguntiña,en canto a nova proposta que puxeches hoxe da biblioteca enviamos un gmail aa biblioteca ou un correo electrónico a ti.
ResponderEliminarGrazas!!!!!!!!!
Ola Ana, enviádelo ao correo da biblioteca. Un bico!
EliminarOla Joana,
ResponderEliminarSon Adri acabo de facer o Kahoot de matemáticas. Ganeille a Fani!je,je.
Unha aperta.
Ola Adri,
EliminarEres un crak das mates! Moi ben!
Unha aperta
Parabén Adri, vou a ter que repasar ese tema :-)
EliminarBos días! Profe cal é a ficha? Por que eu creo que non a truxen...... :(
ResponderEliminarBos días Aldara,
EliminarÉ unha ficha de repaso na cal fixemos os tres primeiros exercicios, se non a tes, non pasa nada. Non te preocupes. Enviáchesme as tarefas de onte?
Unha aperta
Ola Joana,
ResponderEliminarestiven facendo agora o Kahoot e encántoume ademáis quedei no primeiro posto.
Unha aperta.
Ola Lucía!
EliminarQue ben! Alégrome moito.
Unha aperta
Ola Joana,
ResponderEliminarQuero facer o traballo de Víctor Rivas sobre os seus referentes gráficos e autores preferidos.Gustaríame saber se xa está escollido.Unha aperta
Ola Noé,
EliminarÉ unha idea estupenda! Non está escollido. Unha aperta enorme.
Ola,
ResponderEliminarhai que decirche que tema vamos facer parao de Víctor Rivas.
Ola Lucía, mellor si, así vamos vendo que apartados temos. Unha aperta
EliminarOla! O anuncio é o de coronavirus non? Se é ese xa o entreguei.
ResponderEliminarE despois o de Victor Rivas xa tes unha data de entrega para pornos xa?
Ola Aldara,
EliminarQue tal estas? O anuncio xa o entregaches. O de Víctor Rivas é para a volta de Semana Santa. Unha aperta
Moi ben e ti? Creo que xa sei de que falar no de Victor Rivas, sobre como comezou a sua carreira de debuxante.
EliminarAlégrome que estes moi ben! Perfecto Aldara. Un bico enorme
EliminarEu falei sobre a bíografia de Víctor Rivas.
ResponderEliminarOla Ana! Perfecto. Un bico
EliminarEu podo falr dos seus libros?
ResponderEliminarOla Lucía. Por suposto! Un saúdo.
EliminarA MAQUETA DOS RÍOS DE ESPAÑA TEN QUE SER EN RRELIEVE OU DEBUXADA
ResponderEliminarOla Miriam! Como ti queiras. Unha aperta
EliminarE TEN QUE TER TODOS OS RÍOS?
ResponderEliminarOla Miriam! Podes por os máis importantes. Un saúdo
EliminarOla unha pregunta, o luns hai que ir ao cole??
ResponderEliminarOla Ana, non de momento inda non podemos regresar. Ánimo, xa queda menos. Un bico
EliminarOooooo eu quería volver xa pero bueno.O cadernillo hai que entregalo xusto o día que volvamos??
EliminarXa, eu tamén queréa volver pero precisamos estar na casa un pouco máis. Si, a volta entregádelo. Un bico
EliminarOla, podemos facer o kahoot varias veces para estudar?
ResponderEliminarOla Lucía! Por suposto! Faino tantas veces como queiras. Un bico
EliminarHoxe non hai proposta?
ResponderEliminarOla Lucía! si, espero que che guste. Unha aperta.
EliminarOla, colgache un debuxo de puntillismo que pon Lucía R e é meu...
ResponderEliminarArranxado!
Eliminar